Etiquetas

Hoxe, último día do curso, entrego as últimas tarefas e reflexiono sobre o traballo realizado e o aprendido desde o mes de marzo.

As imaxes, ás veces, son máis elocuentes que as palabras, por iso, quero publicar o PLE entregado na primeira tarefa do curso, e un “posible” PLE final que “metafóricamente” podería servir para mostrar o aprendido neste curso (fonte: http://maestros20.webnode.es/ple-entornos-de-aprendizaje-/ejemplo-ple/).

vs

Durante este tempo o que aprendín, basicamente, foi a buscar, escoitar, gardar e catalogar, publicar e compartir, conversar e relacionarme, e colaborar e compartir en espazos comúns.

Parece algo sinxelo, pero cando nos adicamos á procura de información, nesta sociedade tan sobreinformada, podemos correr o risco de non aproveitar todos os recursos que nos ofrece a rede. De aí a importancia da curación dos contidos, da identidade dixital e do estabelecemento dunha rede de aprendizaxe que axude e optimice o noso labor.

Proxección cara ao futuro da utilidade do aprendido?

Sen dúbida; a estas alturas do ano académico as miñas forzas están bastante menguadas, pero no futuro  penso continuar co blogue de aula como bitácora do noso traballo e como intercambio de coñecementos , e , sobre todo, penso na incorporación das ferramentas de colaboración como Dropbox ou Google Docs.

Para concluir, a pesares de que nalgún momento precisei “apoio loxístico” (para iso están as redes de aprendizaxe!), a experiencia foi moi positiva!

Un saúdo!