• Presentación – Curso 19/20
  • Encuestas
  • Enlaces Interés
    • IES Macías o Namorado
    • Biblionamorad@s
    • Diccionario de la RAE
    • Prensa escuela
    • La Voz de Galicia
    • Concurso Jóvenes Talentos

IES Macías o Namorado 2º ESO

~ Blog de los alumnos de 2 ESO del IES Macías o Namorado

IES Macías o Namorado 2º ESO

Archivos mensuales: mayo 2017

ALEGATO POLA LINGUA NO DÍA DE CARLOS CASARES

25 jueves May 2017

Posted by noavarela13 in Alumn@s, Padrón

≈ Deja un comentario

Etiquetas

Alumn@s, Carlos Casares

Alegato pola lingua escrito pola profesora e poeta Rosa Enríquez, e lido polas alumnas Marta Rodríquez e Noa Varela de 2º ESO A.

«Unha parte da identidade vén dada polas palabras que usamos e os comportamentos que adoitamos manter. Somos o que facemos e o que deixamos de facer.

SOMOS TAMÉN O QUE PRONUNCIAMOS.

Todas as palabras empregadas para expresar aquilo que temos a vontade de dicir. Cando chove e sentimos CALAFRÍOS. Cando vai sol e andamos DERREADAS. Cando albiscamos un OUTEIRO e queremos pousar nel os nosos ANCEIOS…

Poderiamos dicilo doutro xeito, noutra lingua, si. Porén, ESCOLLEMOS O GALEGO, porque nos é propio, sentímolo dentro, respiramos o seu alento morno, sabemos que nos busca e quere o noso acubillo.

A LINGUA DOS GALEGOS É O GALEGO E EU – dicía Carlos Casares-, COMO ESCRITOR, DEFÉNDOA CON TODAS AS MIÑAS FORZAS E OS MEUS COÑECEMENTOS.

Defendámola nós tamén falándoa, coma o escritor ourensán.

Digamos, por exemplo, lume e carqueixa, mirasol, reiseñor, vacaloura, lucecú ou vagalume, caraveis, margaridas, cerdeiras, castiñeiros, buganvíleas máis tamén cans, alén dos bichos picudos na ouriceira.

A GALIÑA AZUL, O GALO DE ANTIOQUÍA, O VENTO FERIDO, OS MORTOS DAQUEL VERÁN e DEUS SENTADO NUN SILLÓN AZUL, agardan por nós enguedellados nunha silveira, para poñer voz no curuto dos montes e contemplar o pracer desa cor delicada, a do ceo, a que percibimos nas miradas altas, transparentes e honestas.

Esa é a cor do noso idioma, xusto esa, azul e riseira, como a galiña de Casares.

SOMOS O QUE FALAMOS E AMAMOS O QUE SOMOS!»

 

Facebooktwitter

PROFESORA CANTA LOVE YOURSELF EN CLASE DE SOLFEO

25 jueves May 2017

Posted by marcoscastro_12 in Alumn@s

≈ Deja un comentario

Me pareció interesante ya que  en clase de solfeo mi profesora no canta eso 🙂

Facebooktwitter

Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación. Reflexión final do curso.

24 miércoles May 2017

Posted by llporteiro in Profesora

≈ Deja un comentario

Etiquetas

Curso

Hoxe, último día do curso, entrego as últimas tarefas e reflexiono sobre o traballo realizado e o aprendido desde o mes de marzo.

As imaxes, ás veces, son máis elocuentes que as palabras, por iso, quero publicar o PLE entregado na primeira tarefa do curso, e un “posible” PLE final que “metafóricamente” podería servir para mostrar o aprendido neste curso (fonte: http://maestros20.webnode.es/ple-entornos-de-aprendizaje-/ejemplo-ple/).

vs

Durante este tempo o que aprendín, basicamente, foi a buscar, escoitar, gardar e catalogar, publicar e compartir, conversar e relacionarme, e colaborar e compartir en espazos comúns.

Parece algo sinxelo, pero cando nos adicamos á procura de información, nesta sociedade tan sobreinformada, podemos correr o risco de non aproveitar todos os recursos que nos ofrece a rede. De aí a importancia da curación dos contidos, da identidade dixital e do estabelecemento dunha rede de aprendizaxe que axude e optimice o noso labor.

Proxección cara ao futuro da utilidade do aprendido?

Sen dúbida; a estas alturas do ano académico as miñas forzas están bastante menguadas, pero no futuro  penso continuar co blogue de aula como bitácora do noso traballo e como intercambio de coñecementos , e , sobre todo, penso na incorporación das ferramentas de colaboración como Dropbox ou Google Docs.

Para concluir, a pesares de que nalgún momento precisei “apoio loxístico” (para iso están as redes de aprendizaxe!), a experiencia foi moi positiva!

Un saúdo!

Facebooktwitter

Síndrome de Tourette / Empatía

18 jueves May 2017

Posted by llporteiro in Profesora

≈ Deja un comentario

Etiquetas

Empatía

Dale "Me Gusta" a nuestra pagina Mundo Interesante para recibir mas videos interesantes como estos !SÍNDROME DE TOURETTE ! Ayúdanos a compartir este video !

Publicado por Mundo Interesante em Domingo, 14 de maio de 2017

Facebooktwitter

Poesía en portugués

18 jueves May 2017

Posted by llporteiro in Profesora

≈ 2 comentarios

Etiquetas

Poesía

Facebooktwitter

Resumen del curso

13 sábado May 2017

Posted by llporteiro in Alumn@s, Profesora

≈ Deja un comentario

Etiquetas

Resumen

Fuente: https://twitter.com/maestradepueblo/status/861298150082007040



Facebooktwitter

A curación de contidos – Curso Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación

08 lunes May 2017

Posted by llporteiro in Profesora

≈ Deja un comentario

Etiquetas

Curación de contidos, Curso

(Artigo sobre a curación de contidos – Tarefa do módulo 7)

Cando lin o título do Módulo 7 : Curación de contidos debo recoñecer que nunca escoitara falar dese termo, pero, despois de informarme e visualizar o material do curso, creo que xa lle vou atopando o sentido e a súa gran utilidade.

Dentro do ámbito da Competencia Dixital, o tratamento da información e a  organización dos entornos dixitais de traballo e aprendizaxe é fundamental para non perderse nun mundo sobreinformado.  Un novo rol que lle corresponde aos docentes é o de actuar como “curador de contidos”, aportando xa valor na selección ao contido aportado, e guiando ao alumnado neste mundo dixital que nos ofrece unha ventá aberta ao mundo.

Unha definición moi aclaratoria é a que propón Javier Laguens:

“Una actividad o proceso continuo, dirigido por el criterio de un experto humano y asistido por herramientas o sistemas informáticos, consistente en buscar, filtrar, organizar y compartir contenidos de calidad de fuentes digitales online (medios digitales, redes sociales…) sobre un tema específico con el fin de aportar un valor significativo y relevante a una audiencia determinada”.

Algunhas das fontes dixitais que estou empezando a utilizar para poder aplicar na miña labor docente, e que permiten esta selección de información, de grupos de interese, de páxinas relevantes…, son Twiter, facilitando a selección coas etiquetas e os cancelos, Pinterest, cos taboleiros e pines,  e Diigo, como ferramenta que facilita o traballo colaborativo e o intercambio de coñecementos, opinións, suxestións…

Infografía de Manel Guzmán:

Facebooktwitter
mayo 2017
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
« Abr   Sep »

Meta

  • Acceder
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.org

Curso 19/20



Entradas recientes

  • Novela de terror
  • La sospecha
  • MICRORRELATOS
  • Microrrelatos
  • Microrrelato.

Comentarios recientes

  • llporteiro en TERROR
  • llporteiro en LA SOSPECHA
  • llporteiro en Mis microrrelatos
  • llporteiro en La sospecha
  • llporteiro en Microrrelatos

Archivos

  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • mayo 2017
  • abril 2017
  • marzo 2017
  • febrero 2017
  • enero 2017
  • diciembre 2016
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
contador visitas blogger

Categorías

Alumn@s Concursos Deberes Día da Muller Día del libro Educación en valores Lecturas obligatorias Lecturas voluntarias Padrón Paz Poesía Profesora Recomendaciones Refugiados Sin categoría Solidaridad Teatro Textos Violencia de género

Sharing

Facebooktwitter

Follow Us

Facebooktwitterpinterestinstagram

Proudly powered by WordPress Tema: Chateau por Ignacio Ricci.