Etiquetas

,

(Artigo sobre a curación de contidos – Tarefa do módulo 7)

Cando lin o título do Módulo 7 : Curación de contidos debo recoñecer que nunca escoitara falar dese termo, pero, despois de informarme e visualizar o material do curso, creo que xa lle vou atopando o sentido e a súa gran utilidade.

Dentro do ámbito da Competencia Dixital, o tratamento da información e a  organización dos entornos dixitais de traballo e aprendizaxe é fundamental para non perderse nun mundo sobreinformado.  Un novo rol que lle corresponde aos docentes é o de actuar como “curador de contidos”, aportando xa valor na selección ao contido aportado, e guiando ao alumnado neste mundo dixital que nos ofrece unha ventá aberta ao mundo.

Unha definición moi aclaratoria é a que propón Javier Laguens:

“Una actividad o proceso continuo, dirigido por el criterio de un experto humano y asistido por herramientas o sistemas informáticos, consistente en buscar, filtrar, organizar y compartir contenidos de calidad de fuentes digitales online (medios digitales, redes sociales…) sobre un tema específico con el fin de aportar un valor significativo y relevante a una audiencia determinada”.

Algunhas das fontes dixitais que estou empezando a utilizar para poder aplicar na miña labor docente, e que permiten esta selección de información, de grupos de interese, de páxinas relevantes…, son Twiter, facilitando a selección coas etiquetas e os cancelos, Pinterest, cos taboleiros e pines,  e Diigo, como ferramenta que facilita o traballo colaborativo e o intercambio de coñecementos, opinións, suxestións…

Infografía de Manel Guzmán:

Facebooktwitter